Este 30 de maio celébrase o día das forzas armadas na cidade de Vigo. Este evento prodúcese nun contexto marcado pola guerra de Ucraína, o xenocidio do pobo palestino por parte de Israel, e a guerra EEUU-Israel contra Irán. Estes numerosos conflitos son a consecuencia do aumento das contradicións interimperialistas e a proba de que esta aumentando o risco dunha nova guerra mundial. A resposta a esta situación por parte das potencias imperialistas é aumentar o gasto militar para prepararse para a guerra.
A pesar da aparente oposición do PSOE a guerra en Oriente Medio e das discusións co PP e VOX respecto a este motivo, a realidade é que no fundamental todos están de acordo. Ningún dos partidos parlamentarios pon en dúbida a pertenza de España a OTAN e a UE, nin o aumento do gasto militar, nin os acordos de compra-venta de armas con Israel. Isto pódese comprobar vendo os préstamos de 14223 millóns o 0% que o goberno concedeu a múltiples empresas do sector da defensa, e os 183 millóns de euros que a Xunta pretende regalar as empresas do sector en Galicia. Os datos amósanos que o goberno central do PSOE e a Xunta do PP van da man en favorecer a industria da guerra na cal Galicia ten un peso importante sendo a terceira comunidade en facturación só por detrás de Madrid e Andalucía. O goberno do PSOE-Sumar pode dicir “non á guerra” pero realmente esta dicindo “non a esta guerra” . Esta postura por parte do goberno central non está baseada en intereses pacifistas, senón que se debe os intereses conxunturais dos capitalistas. Os mesmos que en outras circunstancias instigan outras guerras.
A clase obreira non pode confiar na retórica dun goberno que forma parte e participa activamente das estruturas imperialistas que nos empuxan con cada vez máis forza cara a un novo conflito global onde os traballadores serán os claros perdedores.A escalada bélica e os obxectivos que nese contexto establecen as estruturas e institucións capitalistas europeas xa están a ter impacto nas nosas condicións de vida, nas prioridades do gasto público e na orientación de sectores enteiros da produción cara ao rearmamento.Por este motivo debemos dicir que non pagaremos as súas guerras e racharemos co sistema que as impón.
Non as pagaremos cos nosos salarios, cada vez máis erosionados por unha carestía derivada dos intereses capitalistas e os conflitos internacionais. Non imos sostelas co empeoramento duns servizos públicos xa mermados e cunha militarización económica que subordine o emprego ás necesidades do rearmamento. Tampouco imos pagala coa vida dos traballadores enviados a combater por intereses alleos, nin coa sangue dos pobos que sofren as agresión imperialistas.
Para cumprir con estes obxectivos, é vital que construamos unha oposición obreira que esixa a saída de España da OTAN e a UE e o retorno de tódolos militares españois que se atopan cumprindo misións no estranxeiro.