Skip to main content
[Gallego]

Asistimos a un comezo de curso alarmantemente cheo de incertezas e dúbidas no sanitario, (para alumnos, traballadores e as súas familias), e no laboral para amplos sectores dos traballadores vinculados aos centros de ensino. Aumentan os contaxios. Fálase xa de gromo xeralizado do virus.

As condicións de distanciamento físico non son realizables coas infraestructuras actuais,e a autoridade non habilita novos espazos, imprescindibles para a realización da docencia en condicións de seguridade hixiénica e sanitaria. Os cocientes (ratios) non cubren as necesidades actuais, e o imprescindible reforzamento de cadros nin se plantexa como hipótese. A contratación de 1000 novos docentes anunciada pola conselleira o 21 de agosto, non é só unha promesa raquítica, tamén é falsa, unha fake new entre tantas.

Trátase, para eles, de lanzar con urxencia os nosos fillos a uns centros que eles conciben como meros aparcadoiros de nenos, para que pais e nais non deixen de acudir puntualmente a ser explotados nos seus lugares de traballo.
Non está garantido o dereito efectivo á conciliación, xa non o estaba antes. Pero nin en situación de pandemia se replantexa esa dramática necesidade. Tampouco está garantido o ensino a distancia, non para todos en plano de igualdade. A criminal desidia da Xunta fai que non traslade sequera normas claras de actuación, adaptadas ás situacións concretas de profesorado e familias. Digamos que non teñen esa capacidade. Pero tampouco negocian o protocolo con quen si saben: os traballadores e traballadoras, as AMPAs.

Os parches de último momento da administración, coa súa unilateralidade prepotente, “coidan” a imaxe do goberno, non a seguridade de nenos e traballadores. Obrígase por outra banda aos cargos directivos a aceptar tremendas responsablidades de tipo sanitario que deberían ser asumidas por servizos técnicos da administración.
O dereito á educación e á saúde non poden excluírse mutuamente. Unha ensinanza presencial con plenas garantías e unha teledocencia con plenos dereitos son irrenunciables. Deben habilitarse urxentemente espazos adecuados para unha docencia presencial sen risco. Os docentes e traballadores non docentes que están no paro deben de ser asignados urxentemente a cubrir as prazas necesarias para que as ratios garantan a saúde do pobo traballador e dos seus fillos. A administración ten a obriga de dar voz e consultar de xeito vinculante a Sindicatos e asociacións de pais e nais.

O Partido Comunista dos Traballadores de Galiza apoia con toda enerxía as xustas xornadas de folga do 10 de setembro (inicio do curso en infantil, primaria e E.E.) e 16 (ESO, BAC, FP, EOI e ensinanzas de réxime especial), convocadas polas organizacións sindicais. Apoiamos igualmente toda outra mobilización que emprendan no futuro sindicatos, estudantes e AMPAS (Folgas, concentracións, manifestacións…).Chamamos a todo o pobo traballador a amparar, apoiar e servir de resoador a todas estas accións. Polos nosos nenos e nenas, pola nosa clase, pola vida e a dignidade.

Non ó protocolo de Custo cero!

Comité Nacional de Galiza

[Español]

Manifiesto ante el estado de la enseñanza

 

Asistimos a un comienzo de curso  alarmantemente lleno de incertidumbres y dudas en el sanitario, (para alumnos, trabajadores y sus familias), y en el laboral para amplios sectores de los trabajadores vinculados a los centros de enseñanza. Aumentan los  contagios. Se habla ya de brote  generalizado del virus.

Las condiciones de distanciamiento físico no son realizables con las  infraestructuras actuales y la autoridad no habilita nuevos espacios, imprescindibles para la realización de la docencia en condiciones de seguridad higiénica y sanitaria. Los ratios (ratios) no  cubren las necesidades actuales, y el imprescindible reforzamiento de cuadros ni se plantea como hipótesis. La contratación de 1000 nuevos docentes anunciada por la consejería el 21 de agosto, no es solo una promesa raquítica, también es falsa, una  fake  new entre tantas.

Se trata, para ellos, de lanzar con urgencia nuestros hijos la unos centros que ellos conciben como meros aparcamientos de niños, para que padres y madres no dejen de acudir puntualmente a ser explotados nos sus lugares de trabajo.

No está garantizado el derecho efectivo a la conciliación, ya no lo estaba antes. Pero ni en situación de pandemia se  replantea esa dramática necesidad. Tampoco está garantizada la enseñanza a distancia, no para todos en plano de igualdad. La criminal desidia de la Xunta hace que no  traslade siquiera normas claras de actuación,  adaptadas a las situaciones concretas de profesorado y familias. Digamos que no tienen esa capacidad. Pero tampoco negocian el protocolo con quien sí saben: los trabajadores y trabajadoras, las  AMPA.

Los parches de último momento de la administración, con su  unilateralidad prepotente, “cuidan” la imagen del gobierno, no la seguridad de niños y trabajadores. Se obliga  por otra parte a los cargos directivos a aceptar tremendas  responsabilidades de tipo sanitario que deberían ser asumidas por servicios técnicos de la administración.

El derecho a la educación y a la salud no pueden excluirse mutuamente. Una enseñanza presencial con plenas garantías y una   tele-docencia con plenos derechos son irrenunciables. Deben habilitarse  urgentemente espacios adecuados para una docencia presencial sobre seguro. Los docentes y trabajadores no docentes que están en el paro deben de ser asignados urgentemente a cubrir las plazas necesarias para que las  ratios garanticen la salud del pueblo trabajador y de sus hijos. La administración tiene el deber de dar voz y consultar de manera vinculante a Sindicatos y asociaciones de padres y madres.

El Partido Comunista de los Trabajadores de Galicia apoya con  toda energía las justas jornadas de huelga del 10 de septiembre  (inicio del curso en infantil, primaria y E.E.) y 16 (ESO,  BAC, FP, EOI y enseñanzas de régimen especial), convocadas por las organizaciones sindicales. Apoyamos igualmente toda otra movilización que emprendan en el futuro los sindicatos, estudiantes y AMPAS (Huelgas, concentraciones, manifestaciones…).Llamamos a todo el pueblo trabajador a amparar, apoyar y servir de  altavoz para todas estas acciones. Por nuestros niños y niñas, por nuestra clase, por la vida y la dignidad.

 

¡No al protocolo de coste cero!

Comité Nacional de Galicia